Spain

ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS DE OURENSE
Paseo Mestre Vide s/n 32004 Ourense
Tlfno: 988 366 073 Fax: 988 366 184
eoi.ourense@edu.xunta.es www.eoiou.com

Asociación de Aprendizaje Grundtvig 2011-2013
(2011-1-ESP- GRU06-35126-1)

Constructing a European Female Identity

Antecedentes:
A Escola Oficial de Idiomas de Ourense promoveu dende o seu inicio esta asociación de aprendizaxe Grundtvig.
No derradeiro trimestre de 2010, a directora do centro redactou un escrito coas ideas fundamentais que desexaba desenvolver e remitiuno por correo electrónico a máis de 400 centros de ensino de adultos de toda Europa.
Para levar a cabo esta tarefa utilizou eTwinning, unha parte fundamental do programa eLearning, iniciado pola Comisión Europea no ano 2004.

Varios centros educativos de diversos países amosaron rápidamente o seu interese por participar neste proxecto. Finalmente, redactouse un formulario de solicitude conxunto de cinco centros educativos europeos:

1. A Escola Oficial de Idiomas de Ourense. Coordinadora do proxecto.
2. Balıkesir İl Milli Eğitim Müdürlüğü. Unha administración educativa rexional turca que ten entre as súas competencias o ensino de adultos e da que dependen más de 888 centros educativos.
3. Academia de Español Romero. Unha academia privada de ensino de español para falantes adultos de neerlandés que está ubicada na rexión holandesa de Zelanda.
4. ΣXOΛEIO ΔEYTEPHΣ EYKAIPIAΣ (ΣΔE) KAΛAMATAΣ. Un centro de educación de alumnado adulto en Kalamata, Grecia.
5. Siika-Pyhäjokialueen koulutuskuntayhtymä Piippolan käsi- ja taideteollisuusopisto. Unha Escola de Artes e Oficios na rexión finlandesa septentrional de Oulu.
A nosa solicitude foi aprobada na súa totalidade e os cinco centros educativos recibiron autorización para levar a cabo este programa educativo europeo ao longo de dous anos: 2011-2013.

Qué é unha Asociación de Aprendizaje Grundtvig?
Unha asociación de aprendizaxe Grundtvig é un marco para realizar actividades de cooperación a pequena escala entre organizacións que traballan no eido da educación de persoas adultas no seu sentido máis amplo.
Nunha asociación de aprendizaxe Grundtvig, o profesorado e o alumnado de alomenos tres países participantes traballan conxuntamente nun ou máis temas de interese común para as organizacións cooperantes. Este intercambio de experiencias, prácticas e métodos contribúe a un maior coñecemento da variada cultura europea, do seu ámbito social e económico e a entender mellor as áreas de interese común.

Cal é a fundamentación da nosa asociación de aprendizaxe Grundtvig?
O coñecemento e a ciencia desenvolvéronse durante séculos dende unha perspectiva androcéntrica. O mundo ten sido pensado, analizado, descrito e denominado considerando unha concepción masculina das cousas. Só en ocasións excepcionais tivemos a opotunidade de estudar a realidade a través da visión das científicas, as filósofas, as escritoras, as artistas, as economistas, as doctoras, e outras profesionais. Esto levou á invisibilización das mulleres como parte activa das nosas sociedades.
As mulleres somos seres humanos con rasgos e características distintivas que merecen a pena ser estudadas.
Os dereitos das mulleres desenvolvéronse de xeito diferente en distintas partes de Europa dependendo de aspectos sociais, económicos, históricos e religiosos existentes en cada rexión. Pero, estamos neste momento todos os países traballando na mesma dirección co obxectivo de acadar unha igualdade plena de dereitos, oportunidades e recoñecemento para as mulleres e os homes?
Entendemos que é esencial botar unha ollada máis profunda a estes aspectos.

Que obxectivos persegue a nosa asociación de aprendizaxe Grundtvig?
1. Reflexionar sobre o concepto de “muller”. Que é unha muller? Como é unha muller? Que aspecto ten unha muller? Como se comporta unha muller? Que fai unha muller? Que quere unha muller?
2. Analizar o papel da muller na sociedade europea.
3. Buscar modelos femininos nos medios de comunicación e avaliar a súa valoración.
4. Avaliar as similitudes e diferenzas entre mulleres de diferentes partes de Europa e atopar elementos comúns que nos permitan considerar unha Identidade Feminina Europea.
5. Estudar o papel das mulleres como guardianas e transmisoras da tradición popular en Europa.
6. Axudar aos participantes a apreciar o concepto e a dimensión de xénero.
7. Recoñecer o feito de que a educación pode ser máis efectiva se integramos unha perspectiva de xénero no proceso educativo.
8. Promover o uso das TIC no alumnado adulto.
9. Concienciar sobre a importancia da diversidade cultural e lingüística dentro de Europa.
10. Combatir o prexuizo.
11. Promover a igualdade entre mulleres e homes e combatir a discriminación.
12. Introducir unha dimensión europea no noso currículo.

Cal é lingua de traballo da nosa asociación de aprendizaje Grundtvig?
A lingua de traballo a nivel administrativo e organizativo é o inglés, pero a nivel local cada centro pode utilizar a lingua ou linguas propias da súa rexión ou do entorno educativo no que se atopen.

Que actividades pretendemos levar a cabo?
Algunhas das actividades previstas son:
1. Visita de todos os centros ao resto dos centros educativos participantes.
2. Exhibición fotográfica con retratos de mulleres de Galiza, Balikesir, Zelanda, Peloponeso e Oulu.
3. Festival de cine escolar con películas dos cinco países participantes cuxo contido estea relacionado co noso tema de traballo.
4. Adaptación dun conto tradicional redeterminando os roles de xénero.
5. Exposición de árbores xenealóxicas femininas do persoal e alumnado participante neste proxecto.
6. Creación dun banco de datos en vídeo no que queden recollidas as tradicións populares rexionais nas que as mulleres teñan un papel destacado.
Facilities
Asociación de Aprendizaje Grundtvig 2011-2013
http://centros.edu.xunta.es/eoideourense/eoiou/index.php?action=descargarNoticia¬Id=916
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA
http://centros.edu.xunta.es/eoideourense/eoiou/index.php?action=descargarNoticia¬Id=923
TEATRO DE SOMBRAS
http://centros.edu.xunta.es/eoideourense/eoiou/index.php?action=descargarNoticia¬Id=937

Hiç yorum yok:

Yorum Gönder